miércoles, 22 de noviembre de 2017

¿QUÉ OS PARECE NUESTRA NUEVA MASCOTA? 
¿CUÁL DE LOS DOS CARTELES OS GUSTA MÁS PARA NUESTRA CLUNYTEKA?




 

Esperamos impacientes inaugurar la nueva ubicación de la biblioteca y trabajamos sin descanso para que esté todo a punto lo antes posible. Una de las cosas que teníamos pendientes era la elaboración de estos carteles con la mascota de la biblioteca. Este simpático ratoncito fue el ganador del concurso de mascotas que hicimos a final del curso pasado. La afortunada fue Rocío Chao, una artista que actualmente está en 5º de Primaria ¿no es una monada? ¡Esperamos que os guste tanto como a nosotros!

jueves, 16 de noviembre de 2017

OS ALUMNOS DE 1º DE ESO PARTICIPAN NO PROGRAMA PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA



Os alumnos de 1º de ESO están participando durante este curso 2017-2018 no Programa Prensa-Escuela que organiza  La Voz de Galicia.
Mediante a lectura e a análise das noticias que aparecen nos xornais que nos envían ao centro todos os mércores, procuramos que os alumnos acaden os seguintes obxectivos:
·         Aprender a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico. 
·         Identificar os distintos tipos de artigos que aparecen no xornal, diferenciando información de opinión.
·         Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, como a creatividade, a educación para o lecer e o estudo do medio.
·         Facilitar o acceso ao mundo dos medios de comunicación, coñecer a súa organización e desenvolvemento así como a súa influenza na sociedade. 
·         Tomar conciencia da importancia da información para formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática. 
 Esta actividade compleméntase coa visita a finais de decembro ás instalacións de La Voz de Galicia e o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre no Polígono de Sabón en Arteixo e con un encontro cun xornalista no mes de febreiro.




“VIAXANDO POR EUROPA”



Os alumnos de 6º de EP están en marcha co proxecto “Viaxando por Europa”  a través do cal están coñecendo diferentes cidades deste continente así como as súas xentes, costumes, tradicións e xeografía.


PROXECTO DE 4º DE EP SOBRE AS LENDAS



Os alumnos de 4º de EP na clase de Lingua Castelá descubriron as lendas e diferentes personaxes da literatura universal. Traballaron lendas galegas, españolas, rusas, gregas, sumerias, francesas, inglesas… Cada grupo cooperativo investigou sobre un personaxe e presentóullelo aos seus compañeiros.

DESCUBRINDO OS NÚMEROS



Os alumnos de 3º de EP están investigando na biblioteca como e por que se comezaron a usar os números facendo un percorrido polas diferentes civilizacións: exipcios, gregos, romanos, incas, maias e os indoarábigos. Todo o que aprenderon a través deste proxecto vánllelo explicar aos alumnos de 1º de EP.